Nos últimos anos da década dos setenta e comezo da dos oitenta xorden en Galicia novas compañías de marionetas para encher o baleiro producido co abandono de José Silvent e a súa Barraca de Barriga Verde no ano 1964. O pulo definitivo será a celebración en Mondoñedo do I Festival Galego dos Titiriteiros e a creación da Asociación de Titiriteiros Galegos.

 

Celébranse 30 anos daquela xuntanza e o Titirideza 2015 quere render homenaxe a aquel esforzo cunha programación exclusivamente de compañías de Galiza que amosen a vitalidade desta arte no noso país.

Así mesmo, a reapertura do Museo Galego da Marioneta no Pazo de Liñares permite expoñer material documental daquel tempo, non tan afastado.

Longa vida ás marionetas!!!

prodesin.com