As xornadas Cantos e contos de Nadal desenvolveronse en Lalín na tempada vacacional de inverno 2003-2004 organizadas pola Asociación de Amigos do Museo Galego da Marioneta e patrocinadas por esta mesma asociación, Florentino, e o Concello de Lalín colaborando ademais en distintos graos Viravolta e o Conservatorio Folque.
 
Estas xornadas supliron en boa medida a carencia de programación de actividades infantís en Lalín nestas datas que tanto tempo libre deixan aos máis cativos. Malia ser a primeira vez que se organizan, do feito de usar un local que resulta novedoso para o público de Lalín e da coincidencia con datas de descanso da prensa escrita cremos que a programación acadou un interese suficiente entre o público lalinense o que nos fixo pensar xa na posibilidade de repetir esta programación nos seguintes anos
prodesin.com